Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
Ola! Saúdos a tod@s! Somos un equipo, pero non de fútbol, nin baloncesto, senón doutra cousa ben distinta: somos o equipo de normalización e dinamización lingüística (ENDL) do noso centro e este ano decidímonos a utilizar este espazo para que coñezades mellor o noso traballo e vos animedes a colaborar, coas vosas propostas,suxerencias, críticas (construtivas a ser posible) opinións, etc,...
Como xa vén sendo habitual dende hai uns anos, coa ocasión da celebración do nadal, convocouse o 6º concurso de tarxetas de felicitación. Aquí podedes ver algúns dos traballos presentados e que estiveron expostos na entrada do centro.
Podes ver aquí as fotos das postais. Os traballos premiados foron: - 2º PREMIO: Miguel Villarino Ledo (3º ESO B) Se queres ver as postais gañadoras preme aquí. Que vos parece a idea? Aceptamos de bo grao as vosas suxerencias. Neste momento estamos traballando nun monográfico sobre o Entroido e aquí tedes o resultado. - A sexta edición do concurso de coplas do Entroido. Preme aquí e poderás ver os carteis coas bases dos concursos. Por certo, os traballos gañadores serán publicados (co permiso dos autores, por suposto) nesta mesma páxina.
Como vos prometemos, aquí tedes o nome dos premiados nos concurso de Coplas do Entroido e no concurso literario sobre o amor. Os premiados no concurso de Coplas son: - 1º PREMIO: "Plan Urbanístico" (Os Puntos sobre o I) - 2º PREMIO: "O Entroido" ( As Fra) - 3º PREMIO: "Sen título" (Sandra Rey Oliveros, Yaiza Villarino Novás -2º A ESO- ) O premio único do concurso literario sobre "O Amor" é para: Eva Vilar Fernández (1º BACH C) A entrega de premios realizarase o día 14 de marzo durante o transcurso do recital poético que terá lugar no salón de actos. Aí tedes as coplas premiadas: PLAN URBANÍSTICO Ás tres da mañá escoito o carallo da "grúa" soar, pois a min fastídiame moito, porque non me deixa sobar. Ó cabo dun tempo escoitando, miña mai vénme chamar, pois vaia merda de noite! o "piribí" non parou de soar. Isto éche culpa do alcalde, que non fai máis que manobrar para non deixar durmir a xente non fai máis que edificios chantar. As rúas cheas de lama, os obreiros asubiándolle á xente porque hai cada un polo medio que anda un pouquiño quente. Mirando desde Mañente, Marbella parece que é, pois eu flipo coa xente que os edificios non deixan nin ver. O ENTROIDO Xa está aquí o noso amigo entroido si, este que tanto nos fai sorrir coas comparsas e charangas moito nos imos divertir. Peliqueiros e cigarróns son do entroido os campións cabezudos e xigantes comezan o entroido con moitas emocións. Preparamos lambetadas para tódalas idades rosquillas e orellas das mellores calidades. Máscaras e antefaces serpentinas e turutas bourean o noso pobo por tódalas rutas. "SEN TÍTULO" Esta semana estamos moi cansados pois nin no recreo respiramos. Estamos castigados así que a aguantarnos algo fixemos pero non o sabemos. Parece unha comedia que se as persianas baixas e as luces apagadas. Tamén queren poñer unha liña amarela e se a queremos pasar teremos que pagar. Isto é unha traxedia o próximo, que será? un traxe de raias e nin saír a xogar? Xa me tou confundindo non sei onde estou se nun instituto ou nun campo de concentración.
