Curso de Inglés na Xestión Hostaleira

A Aula Universitaria da UNED en Foz organiza un curso sobre INGLÉS NA XESTIÓN HOSTALEIRA.

Con este curso pretende dotar ás persoas participantes das ferramentas básicas de comunicación oral e escritas en situacións concretas da súa actividade profesional.

Terá lugar dende o 15 de febreiro ata o 11 de abril (25 horas). Será os venres, de 16.30h. a 19.30h.

A súa realización suporá 2 créditos de libre configuración.

Lugar de celebración: Aula Universitaria da UNED en Foz, sita no IES de Foz.

Importe da matrícula: 12€
Alumnos/as da UNED ou do IES: 9€

Para máis información ou inscrición: teléfono 982.141544 ou no enderezo electrónico foz@a-coruna.uned.es; http://aufoz.blogspot.com

cartel del curso